Es miña porque conseguiches entrar na miña alma e até hoxe ficaches nela. Ás veces síntote tan miña, que até me doe non terte cerquiña e comezo a dubidar de min. Como é posíbel sentir tanto unha terra que non te viu nen nacer, nen medrar e coa que non estás unido nen por familia nen por traballo? Quen me escoite falar desta terra, pensará que son un tolo. E talvez o sexa. Mais, como non ía sentirte miña? Se xa me namoraches o día que pisei por primeira vez o teu húmido chan! Weiterlesen